Skip to main content

O Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC no Campus Terra forma aos monitores científicos de Xuvenciencia

El Servicio de Participación e Integración Universitaria de la USC en el Campus Terra forma a los monitores científicos de Xuvenciencia
El Servicio de Participación e Integración Universitaria de la USC en el Campus Terra forma a los monitores científicos de Xuvenciencia
O Campus Terra da USC acollerá entre o 2 e o 6 de xullo o VI campus científico de verán Xuvenciencia dirixido a alumnado preuniversitario e que nesta edición contará coa novidade de que os mozos e...
Lugo

O Campus Terra da USC acollerá entre o 2 e o 6 de xullo o VI campus científico de verán Xuvenciencia dirixido a alumnado preuniversitario e que nesta edición contará coa novidade de que os mozos e mozas que asisten voluntariamente como monitores para acompañar aos e ás participantes matriculados/as veñen de ser formados/as polo Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC en Lugo.

 

A responsable do Sepiu no Campus Terra, Fátima Teixeiro, dirixiu este sábado 14 de abril, unha sesión na que quince alumnos e alumnas da USC recibiron formación para acompañar ao estudantado participante no campus, dinamizar grupos e actividades lúdicas, realizar apoio loxístico, manexar medios audiovisuais (fotografía e vídeo) e coñecer máis polo miúdo os obradoiros e proxectos científicos que terán lugar desde o luns 2 ata o venres 6 de xullo.

 

En quenda de mañá, os e as participantes realizaron actividades en grupo para aprender a formar e dinamizar equipos, mentres que xa en quenda de tarde, a coordinadora de Xuvenciencia, Mercedes Novo, encargouse de distribuír aos e ás futuras monitoras entre as diversas actividades ofertadas na edición deste ano e de acordo coas súas respectivas preferencias, ademais de explicarlles en que consiste cada unha delas.

 

O prazo de preinscrición para que o alumnado de 4º da ESO e de bacharelato poda participar en Xuvenciencia ábrese o vindeiro 27 de abril, ás 15.30h, na web http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/gl. Na edición do ano pasado, XuvenCiencia pechou a mellor preinscrición da súa historia con 253 alumnos/as que solicitaron a súa praza neste campus científico do Campus Terra.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.