Skip to main content

Dirección de proxectos, roles e perspectivas, a debate nun foro impulsado por Aeipro na EPSE

Dirección de proyectos, roles y perspectivas, a debate en un foro impulsado por Aeipro en la EPSE
Dirección de proyectos, roles y perspectivas, a debate en un foro impulsado por Aeipro en la EPSE
A Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro) organiza en colaboración coa área de Proxectos de Enxeñaría da USC unha xornada técnica sobre dirección de proxectos, roles e...
Lugo

A Asociación Española de Dirección e Enxeñaría de Proxectos (Aeipro) organiza en colaboración coa área de Proxectos de Enxeñaría da USC unha xornada técnica sobre dirección de proxectos, roles e perspectivas, un foro que se desenvolverá o vindeiro 6 de abril en quenda de tarde, a partir das 18.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.

 

A xornada, de acceso libre e de balde con previa inscrición, está dirixida a todos os profesionais da área de Project Management, enxeñeiros, empresas e autónomos que xestionan a organización e o desenvolvemento de proxectos, así como a futuros profesionais interesados na dirección de proxectos. O programa deste foro, sobre o que se pode atopar máis información na web, comezará cun acto de benvida a cargo do coordinador do Máster Oficial en Dirección de Proxectos da USC, Carlos Amiama Ares.

 

O coordinador do programa de Refuxiados de Cruz Roja Española en Galicia, Juan Redondo Abelenda, abrirá a quenda de relatorios desta xornada cunha intervención na que afondará na xestión de proxectos de cambio social. De seguido, a coordinadora da Asociación Española de Dirección de Enxeñaría de Proxectos Aeipro Joven-IPMA Young Crew, Vanesa Lo Iacono Ferreira, analizará se a certificación de competencias na dirección de proxectos se antolla como un reto ou unha oportunidade para os directores novos. A segunda edición sobre esta xornada de debate promovida por Aeipro rematará coa presentación de conclusións.

 

As persoas interesadas en participar nesta sesión sobre dirección de proxectos poden solicitar máis información ao respecto a través do enderezo de correo electrónicocarlos.amiama [at] usc.es (carlos[dot]amiama[at]usc[dot]es) ou nos números de teléfono 982 823 264 e 677 947 797.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.