Veterinaria aborda a importancia das novas técnicas de diagnóstico na mellora da saúde dos peixes
A profesora da USC Ysabel Santos Rodríguez, pertencente ao grupo de investigación ‘Diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades infecciosas’ (GI.1218-DITAPREIN), impartirá o venres 6 de abril...
Lugo
A profesora da USC Ysabel Santos Rodríguez, pertencente ao grupo de investigación ‘Diagnóstico, tratamento e prevención de enfermidades infecciosas’ (GI.1218-DITAPREIN), impartirá o venres 6 de abril na aula Aresa da Facultade de Veterinaria do Campus Terra, a partir das 11.30h, a charla ‘Importancia das novas técnicas de diagnóstico na mellora da saúde dos peixes’.
O grupo de investigación de Santos Rodríguez atópase integrado na Rede Galega de Investigación e Transferencia en Acuicultura INMUNOGENOM, coordinada polo profesor da USC no Campus Terra, Paulino Martínez.