Skip to main content

O potencial das unidades de produción agraria como saída profesional, a debate este mércores no Campus Terra da USC

El potencial de las unidades de producción agraria como salida profesional, a debate este miércoles en el Campus Terra de la USC
El potencial de las unidades de producción agraria como salida profesional, a debate este miércoles en el Campus Terra de la USC
O grupo de innovación docente da USC Ruralia e o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo organizan este mércores 4 de abril, a partir das 16.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica...
Lugo

O grupo de innovación docente da USC Ruralia e o Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo organizan este mércores 4 de abril, a partir das 16.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC, unha sesión de debate sobre o potencial das unidades de produción agraria como saídas profesionais para o alumnado egresado do Campus Terra que se desenvolverá baixo o título ‘Aterra!: o teu futuro está no agro’.

 

O obxectivo deste coloquio, aberto á participación de todo o público interesado na temática, é o de amosar que a incorporación á actividade agraria constitúe unha opción laboral con futuro, ademais de afondar sobre algúns dos modelos empresariais de éxito relacionados coa produción láctea.

 

A mesa de debate organizada polo grupo de innovación docente da USC Ruralia en colaboración co Colexio de Enxeñeiros Técnicos Agrícolas de Lugo para tratar esta temática contará como relatores co socio da SAT Vereda, de A Pastoriza, Luis Anllo, así como co produtor lácteo arzuán Xosé Lois Fernández Segade, dous ex estudantes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo que fixeron da actividade agraria a súa opción laboral.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.