Skip to main content

A Aula TIC-Pemes do Campus Terra da USC pon en marcha unha nova edición do obradoiro sobre xestión de tendas virtuais con Prestashop

El Aula TIC-Pymes del Campus Terra de la USC pone en marcha una nueva edición del taller sobre gestión de tiendas virtuales con Prestashop
El Aula TIC-Pymes del Campus Terra de la USC pone en marcha una nueva edición del taller sobre gestión de tiendas virtuales con Prestashop
A Aula TIC Pemes do Campus Terra da USC pon en marcha unha nova edición do seu obradoiro virtual de xestión de tendas virtuais con Prestashop, un programa formativo en liña estruturado en 50 horas...
Lugo

A Aula TIC Pemes do Campus Terra da USC pon en marcha unha nova edición do seu obradoiro virtual de xestión de tendas virtuais con Prestashop, un programa formativo en liña estruturado en 50 horas lectivas que se desenvolverá do 13 de abril ata o 23 de maio de 2018.

 

As persoas interesadas en formalizar a súa inscrición neste obradoiro, orientado fundamentalmente a autonómos e empresarios, pero aberto á participación de todos os maiores de idade, poden inscribirse ata o día 12 de abril a través do formulario habilitado na web da Aula TIC Pemes da USC.

 

O custe xeral da matrícula é de 60 euros, unha taxa que se verá reducida nun 50% para todas as persoas vinculadas coa USC ou que mantiveran esta ligazón no pasado. As persoas que completen a formación impartida ao abeiro deste obradoiro recibirán cadanseu certificado acreditativo da Aula TIC-Pemes da USC.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.