Skip to main content

Catro compañías presentan as súas creacións no Vello Cárcere de Lugo no marco do XVI Encontro Universitario de Danza do Campus Terra

Cuatro compañías presentan sus creaciones en O Vello Cárcere de Lugo en el marco del XVI Encuentro Universitario de Danza del Campus Terra
Cuatro compañías presentan sus creaciones en O Vello Cárcere de Lugo en el marco del XVI Encuentro Universitario de Danza del Campus Terra
O XVI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC presentará os días 23 e 24 de marzo no patio central do Vello Cárcere de Lugo as novas creacións propias producidas polas dúas compañías...
Lugo

O XVI Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC presentará os días 23 e 24 de marzo no patio central do Vello Cárcere de Lugo as novas creacións propias producidas polas dúas compañías oficiais da USC en Lugo e Santiago, así como pola formación sénior ‘Sen Vergoña’, integrada por alumnado do IV Ciclo da USC, e pola formación independente tamén xerminada na institución académica compostelá ‘Les Braves’. A Aula de Danza da UDC no seu campus de Ferrol completa o cartel desta edición do encontro de danza universitario, un certame promovido desde hai xa máis de tres lustros ao abeiro do convenio Lugo Cultural, no que participan xunto coa USC o Concello e a Deputación Provincial de Lugo, e que constitúe unha das referencias máis visibles do Espazo de Danza da USC, dirixido por Juan Carlos Zahera.

 

A  nova compañía independente ‘Les Braves’ abrirá o venres 23 de marzo, a partir das 20.30 horas o programa de representacións do XV Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC coa coreografía ‘Volutas’, interpretada e con coreografía de Daniel Lazso. De seguido, a formación sénior ‘ Sen Vergoña’ do Campus Terra da USC, a primeira e única compañía de danza de IV Ciclo existente no panorama nacional universitario, porá en escena a coreografía ‘Metaformoses’, unha coreografía de Rosa Acuña dirixida por Juan Carlos Zahera. A compañía danza USC-Lugo, dirixida polo propio Zahera, botará o pano da primeira xornada deste festival universitario coa estrea da peza ‘Silencio’, tamén con coreografía de Rosa Acuña.

 

A compañía de danza USC-Compostela presentará ao día seguinte no mesmo escenario a obra ‘A aritmética do striptease’, unha nova produción desta agrupación compostelá que conta con coreografía de Xiana Vilas e dirección artística a cargo do director do Espazo de Danza da USC. Logo da actuación desta formación intervirá diante do público lugués a compañía da Aula de Danza da Universidade de Coruña (UDC) xurdida no campus de Ferrol que interpretará a coreografía de Cristina Montero ‘Substancia composta’ . Un segundo pase da función da compañía Danza USC-Lugo servirá de peche das representacións. A entrada ás distintas funcións programadas é de acceso libre e de balde para todo o público interesado.

 

Ao remate da quenda de interpretacións, o público que asista ás representacións programadas no marco do XVI Encontro Universitario de Danza Contemporánea poderá gozar dunha sorpresa que terá como protagonistas ao alumnado dos cursos de danza latina organizados ao abeiro da programación de actividades desenvolvidas polo Espazo de Danza da USC, un servizo universitario que botou a andar hai xa dúas décadas.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.