Skip to main content

Enfermaría analiza nun foro as alternativas dos futuros titulados para ampliar formación ou incorporarse ao mercado laboral

Enfermería analiza en un foro las alternativas de los futuros titulados para ampliar formación o incorporarse al mercado laboral
Enfermería analiza en un foro las alternativas de los futuros titulados para ampliar formación o incorporarse al mercado laboral
A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias sobre actividades de I+D+i e...
Lugo

A formación de posgrao e as alternativas de empregabilidade no ámbito público e privado para os titulados en Enfermaría centran a temática das xornadas universitarias sobre actividades de I+D+i e inserción laboral organizadas este xoves na Escola Universitaria de Enfermaría do Campus Terra.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, e a directora da Escola Universitaria de Enfermaría do Campus Terra, María Asunción Núñez Magdalena, foron os encargados de dar a benvida aos estudantes de último curso do grao de Enfermaría inscritos nunhas xornadas, nas que tiveron a oportunidade de reflexionar sobre as diferentes opcións entre as que deberán escoller unha vez que rematen os estudos desta titulación universitaria.

 

O técnico da rama xurídica da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, Manuel Gómez López, que tamén é subdirector de Recursos Humanos no Sergas, abriu a quenda de intervencións cunha exposición sobre a inserción laboral no ámbito público. De seguido, o técnico da área de Xestión e Valorización de I+D+i da USC en Lugo, Ramón Mazoy Fernández, falou sobre as axudas para actividades de posgrao na USC.

 

A presidenta do Colexio de Enfermaría de Lugo, Lourdes Bermello, abordou neste foro a colexiación dos profesionais da enfermaría, mentres que  Carlos Rodríguez Cabana, da Subdelegación de Defensa, e Javier Mato González, enfermeiro e tenente reservista, pecharon a xornada cunha charla sobre enfermaría militar.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.