Skip to main content

O Auditorio Gustavo Freire acolle a proxección do filme Dhogs este xoves ás 21.00h no marco do ciclo Lubicán do Campus Terra

El Auditorio Gustavo Freire acoge la proyección del filme Dhogs  este jueves a las 21.00h en el marco del ciclo Lubicán del Campus Terra
El Auditorio Gustavo Freire acoge la proyección del filme Dhogs este jueves a las 21.00h en el marco del ciclo Lubicán del Campus Terra
O filme Dhogs, ópera prima do cineasta Andrés Goteira e que vén de ser a gran triunfadora da última edición dos premios Mestre Mateo que concede a Academia Galega do Audiovisual obtendo trece...
Lugo

O filme Dhogs, ópera prima do cineasta Andrés Goteira e que vén de ser a gran triunfadora da última edición dos premios Mestre Mateo que concede a Academia Galega do Audiovisual obtendo trece galardóns, proxectarase este xoves 15 de marzo, a partir das 21.00h, no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.

 

Esta actividade, que se enmarca dentro do ciclo Lubicán, impulsado ao abeiro do convenio Lugo Cultural asinado por USC, Concello e Deputación de Lugo, contará coa presenza de parte do equipo. Ademais do propio director, asistirán as actrices María Costas e Melania Cruz, así como o actor Xosé López; no acto tamén estarán presentes os produtores Sara Horta, Suso López, Adrián Folgueira e Javier Lopa; a directora de Arte Noelia Vilaboa; e a directora de Fotografía Lucía C. Pan, entre outros. As entradas recolleranse no propio auditorio media hora antes da proxección e non estarán numeradas. O aforo atópase limitado a 800 persoas.

 

O filme Dhogs conecta seis tramas que alternan a intriga, a obsesión e a sensualidade. Trátase dunha película de historias paralelas que xiran en torno a unha serie de peculiares personaxes: unha fermosa muller, un home de vida escura, un taxista e un vello ex-militar. O filme está producido por Gaitafilmes e Pixel films.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.