Skip to main content

Unha delegación xordana visita o Campus Terra cun proxecto de internacionalización universitaria en Oriente Medio

 Una delegación jordana visita el Campus Terra con un proyecto de internacionalización universitaria en Oriente Medio
Una delegación jordana visita el Campus Terra con un proyecto de internacionalización universitaria en Oriente Medio
Unha delegación universitaria xordana integrada polo director da oficina de relacións internacionais da Princess Sumaya University for Technology de Xordania, Radhi Hamadeen; o director do centro de...
Lugo

Unha delegación universitaria xordana integrada polo director da oficina de relacións internacionais da Princess Sumaya University for Technology de Xordania, Radhi Hamadeen; o director do centro de e-learning, Adiy Tweisse, e por Moh’d Al Khassawneh, xefe do departamento de marketing e medios sociais da referida universidade, visitaron o Campus Terra da USC no marco dun proxecto de formación do persoal universitario de Oriente Medio en programas de internacionalización.

 

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, ofreceu unha recepción aos integrantes desta delegación universitaria xordana, unha sesión na que tamén participou o profesor da USC na Facultade de Ade Jacobo Feás Vázquez e durante a que Bueno fixo unha presentación da oferta de estudos e títulos oficiais impartidos pola USC no seu Campus Terra, así como dos seus servizos e das principais infraestruturas tecnolóxicas para I+D+i.

 

A visita destes representantes universitarios xordanos encádrase nunha actividade de formación práctica organizada ao abeiro do proxecto EuNit, un programa de desenvolvemento de capacidades coordinado pola Universidade Aix de Marsella e orientado á formación de persoal dos servizos de internacionalización das universidades de Oriente Medio.

 

Os representantes da Princess Sumaya University for Technology de Xordania, que están a completar unha estadía dunha semana no campus compostelán da USC, tiñan colaborado xa en diversas ocasións coa USC ben como socios do programa KA107, noutros proxectos internacionais coordinados por outras universidades e mesmo como socios nos programas Erasmus Mundus Peace e Peace II.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.