Skip to main content

As empresas de 1º transformación de madeira de Lugo ofrecen prácticas e emprego a estudantes da EPS de Enxeñaría

 Las empresas de 1º transformación de madera de Lugo ofrecen prácticas y empleo a estudiantes de la EPS de Ingeniería
Las empresas de 1º transformación de madera de Lugo ofrecen prácticas y empleo a estudiantes de la EPS de Ingeniería
A Asociación de Empresas de Primeira Transformación da Madeira de Lugo vén de asinar un convenio coa USC, en virtude do que as empresas do sector agrupadas nesta asociación acollerán en prácticas a...
Lugo

A Asociación de Empresas de Primeira Transformación da Madeira de Lugo vén de asinar un convenio coa USC, en virtude do que as empresas do sector agrupadas nesta asociación acollerán en prácticas a estudantes da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra que estean a cursar estudos do título de grao de Enxeñaría Forestal e do Medio Natural ou do máster en Enxeñaría de Montes.

 

Esta nova colaboración contribuirá a potenciar a transferencia de coñecemento e tecnoloxía ao sector privado, segundo indicou o presidente da Asociación de Empresas de Primeira Transformación da Madeira de Lugo, Daniel Díaz Ramos, quen logo de recoñecer que as empresas do sector precisan da incorporación de xente nova e formada, indicou que máis alá de completar unha estadía de formación en prácticas nestas empresas, os estudantes e titulados/as da EPSE tamén terán as portas abertas para incorporarse á súa nómina de traballadores.

 

Díaz Ramos realizou estas declaracións na EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC, onde se desenvolveu unha asemblea con empresarios do sector, no marco dun acto no que tamén participaron o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; o director da EPSE, Tomás Cuesta; e a secretaria xeral da Asociación de Empresas de Primeira Transformación da Madeira de Lugo, Nuria Rodríguez.

 

O novo convenio asinado vén a ampliar aínda máis a xa nutrida oferta de prácticas externas coa que xa conta a EPS de Enxeñaría da USC. Daquela, cómpre lembrar que a Asociación Provincial de Empresarios da 1ª Transformación da Madeira de Lugo integra na actualidade 228 empresas do sector da industria de 1ª transformación da madeira con actividade na provincia de Lugo, un colectivo que representa o 43% das empresas do sector en Galicia. Do total de empresas asociadas na entidade que preside Díaz Ramos, o 86% teñen a súa sé na provincia de Lugo e o 14% restante no resto de Galicia, Asturias, Cantabria e norte de Portugal.

 

Perfil do empresariado

O perfil dos empresarios concentrados na Asociación de Empresas de Primeira Transformación da Madeira de Lugo é variado, pero na maioría dos casos trátase de empresas e autónomos dedicados á explotación forestal, servizos forestais, biomasa, serradoiros e fábricas de taboleiro. A Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira de Lugo é unha entidade sen ánimo de lucro constituída o 26 de maio de 1977 e que nace co obxecto de representar ás empresas do sector da primeira transformación da madeira con actividade na provincia de Lugo, ademais de prestar un servizo de coordinación, xestión, fomento e defensa dos intereses xerais e comúns de carácter empresarial das empresas que a forman.

 

Desde o seu nacemento, esta asociación caracterizouse pola súa vocación de servizo e axuda aos seus membros e por desempeñar unha intensa actividade de representación e defensa dos mesmos. Mostra desta actividade é a nosa participación como vogal no Consello Forestal de Galicia, na mesa de negociación do Convenio Colectivo, nos Comités de Seguimento do Plan de Desenvolvemento Rural 2007-2013 2014-2020, no Grupo de Traballo para a revisión do Plan Forestal de Galicia, nos Grupos de Desenvolvemento Rural dependentes da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e nas numerosas mesas sectoriais.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.