Skip to main content

O Campus Terra da USC presentou a súa oferta académica en Edugal

El Campus Terra de la USC presentó su oferta académica en Edugal
El Campus Terra de la USC presentó su oferta académica en Edugal
O Campus Terra da USC dispuxo dun espazo expositor a través do que deu a coñecer as novidades da súa oferta académica para o curso 2018-2019 na sétima edición do Salón da Oferta de Educación e...
Lugo

O Campus Terra da USC dispuxo dun espazo expositor a través do que deu a coñecer as novidades da súa oferta académica para o curso 2018-2019 na sétima edición do Salón da Oferta de Educación e Formación en Galicia (Edugal) que ao longo de tres días recibiu a máis de seiscentos alumnos e alumnas preuniversitarias no Pazo da Cultura de Pontevedra, ademais da visita do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, Román Rodríguez.

 

 

O Grao en Paisaxe que será impartido na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría é a gran novidade da oferta de grao do vindeiro ano académico no Campus Terra da USC. Trátase do primeiro título de grao  oficial  interuniversitario  de  Galicia, estruturado en 240 créditos ECTs distribuídos en catro cursos. Os dous primeiros cursaranse na EPS de Enxeñaría, mentres que os dous últimos corresponderanlle á Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña. En total, o Campus Terra, a sede da USC especializada na sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, oferta quince graos e dous dobres graos que abarcan todas as áreas de coñecemento.

 

Ademais do espazo expositor ao que o alumnado se achegou para preguntar as súas dúbidas e que foi atendido pola xestora de Especialización da Oferta Docente do Campus Terra Margarita Vilela e a xestora de Comunicación Natalia Alonso; distintos profesores do campus acudiron a Edugal na súa xornada inaugural para presentar a oferta dos seus respectivos centros. Este foi o caso do coordinador do Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC e profesor da EPSE, Francisco Javier López, a directora da Escola Universitaria de Relacións Laborais, Mercedes Montes, e a vicedecana de Ordenación Académica e Estudantes da Facultade de Veterinaria, Izaskun Ibarguren; os cales impartiron charlas de orientación universitaria nas que afondaron nos detalles das titulacións que ofertan as súas respectivas facultades e escolas.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.