Skip to main content

O Campus Terra da USC revisará a saúde e o grao de conservación das especies incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras

El Campus Terra de la USC revisará la salud y el grado de conservación de las especies incluidas en el Catálogo gallego de árboles singulares
El Campus Terra de la USC revisará la salud y el grado de conservación de las especies incluidas en el Catálogo gallego de árboles singulares
O Grupo de Investigación GI-1648 Sistemas Silvopastorais do Campus Terra da USC ocuparase de revisar o estado de saúde e o grao de conservación das árbores e formacións arbóreas incluídas no Catálogo...
Lugo

O Grupo de Investigación GI-1648 Sistemas Silvopastorais do Campus Terra da USC ocuparase de revisar o estado de saúde e o grao de conservación das árbores e formacións arbóreas incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, en virtude do convenio asinado para este cometido entre a Xunta de Galicia e a USC por un importe de 48.000 euros.

 

O cometido encomendado pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia ao grupo de investigación da USC dirixido polo catedrático Antonio Rigueiro a través deste contrato, cuxo prazo de execución de 15 meses se estende ata a primavera de 2019, pasa por, ademais de revisar o estado de saúde de conservación dos exemplares e formacións en cuestión, achegar cumprida información que sirva para a actualización do Catálogo galego de árbores senlleiras.

 

A elaboración de propostas razoadas para a inclusión de novos monumentos vexetais no citado catálogo para proceder a súa difusión pública e, en consecuencia, favorecer a súa conservación e preservación é outro dos labores que deberán realizar os investigadores do grupo de Sistemas Silvopastorais da USC, que ten a súa sede na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo.

 

O catedrático Antonio Rigueiro explicou asemade que os investigadores da USC deberán achegar á Xunta de Galicia en virtude deste contrato fichas técnicas con información completa de cada exemplar ou formación catalogada, ademais dunha ficha divulgativa na que se proceda a indicar aqueles datos máis relevantes de cada un deles. A maiores, o grupo de investigación Sistemas Silvopastorais da USC tamén fará unha ficha de cada exemplar e de cada formación arbórea singular orientada para o futuro desenvolvemento dunha aplicación informática que permita coñecer todos estes datos a través de teléfonos móbiles Android. Na actualidade o citado catálogo contabiliza 187 monumentos vexetais: 150 árbores e 37 formacións.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.