Skip to main content

O Espazo de Cine da USC no Campus Terra mantén aberta a inscrición no seu módulo de Produción, Rodaxe e Distribución

El Espacio de Cine de la USC en el Campus Terra mantiene abierta la inscripción en su módulo de Producción, Rodaje y Distribución
El Espacio de Cine de la USC en el Campus Terra mantiene abierta la inscripción en su módulo de Producción, Rodaje y Distribución
A área de Cultura da USC no Campus Terra, a través do seu Espazo de Cine, mantén aberto o período de inscrición para o seu módulo en Produción, Rodaxe e Distribución, impartido por Suso López,...
Lugo

A área de Cultura da USC no Campus Terra, a través do seu Espazo de Cine, mantén aberto o período de inscrición para o seu módulo en Produción, Rodaxe e Distribución, impartido por Suso López, produtor executivo do filme Dhogs que vén de ser recoñecido con 17 candidaturas aos premios Mestre Mateo, entre elas, o de mellor película.

 

Neste curso, abordarase a produción executiva, o desenvolvemento dun proxecto, o traballo de preprodución, a produción de campo, os equipos técnico e artístico, o financiamento e a distribución de proxectos audiovisuais. Ademais, analizaranse estas cuestións no marco das necesidades de guións en casos reais. Finalmente, o curso acometerá os roles e departamentos de rodaxe con prácticas gravadas.

 

Este módulo, que abrangue un total de 28 horas, celebrarase os días 24 de febreiro e 3 de marzo, en horario de 09.00 a 14.00 horas; e os días 10 e 17 de marzo en horario de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. As inscricións poden realizarse ata o día anterior de inicio das clases a través do enderezo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es). A información sobre o curso pode ampliarse a través do número de teléfono 982821513.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.