Skip to main content

O Campus Terra da USC informa, forma e sensibiliza sobre lumes forestais a máis de 3.000 estudantes de ensino medio de Galicia

El Campus Terra de la USC informa, forma y sensibiliza sobre incendios forestales a más de 3.000 estudiantes de enseñanza media de Galicia
El Campus Terra de la USC informa, forma y sensibiliza sobre incendios forestales a más de 3.000 estudiantes de enseñanza media de Galicia
A iniciativa de formación, información e sensibilización sobre os lumes forestais e as súas consecuencias negativas para a poboación promovida por profesorado da Escola Politécnica Superior de...
Lugo

A iniciativa de formación, información e sensibilización sobre os lumes forestais e as súas consecuencias negativas para a poboación promovida por profesorado da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC permitiu tratar e reflexionar sobre esta problemática social e medioambiental con máis de 3.000 estudantes de ensino medio das catro provincias galegas. A campaña, posta en marcha como reacción ante a vaga de lumes rexistrada o pasado mes de outubro en Galicia, chegará ao seu remate o vindeiro mes de abril no municipio pontevedrés de Salvaterra do Miño.

 

Os centros educativos de ensino medio de Salvaterra do Miño serán o colofón dunha “aventura”, como a chaman os docentes implicados, entre os que se atopan os enxeñeiros e enxeñeiras de Montes docentes universitarios Juan Gabriel Álvarez, Ana Daría Ruiz, Pablo Vila Lameiro, Roque Rodríguez Soalleiro, Alberto Rojo, Ramón Díaz Varela, Manuel Marey, Eduardo González e Francisco Javier López González, que coordina no Campus Terra o programa ‘A Ponte entre o ensino medio e a USC’.

 

As accións desenvolvidas por este grupo de docentes no marco dos 42 relatorios ofrecidos en centros educativos de ensino preuniversitario das catro provincias galegas (13 en Lugo, 18 en Pontevedra, 10 na Coruña e unha en Ourense) ían encamiñadas a activar unha campaña de apoio á recuperación daquelas zonas e espazos naturais que sufriron a pegada dos lumes, ao tempo que pretenderon fornecer a concienciación social, ademais de sentar as bases para impulsar e potenciar medidas de prevención para mitigar e, no seu caso, evitar a problemática que deparan os incendios nas contornas forestais.

 

Outras accións

Alén destas sesións informativas orientadas a estudantado preuniversitario, as accións propostas polos promotores deste plan de sensibilización sobre a causa forestal e contra o lume son diversas e contempla a elaboración de proxectos e estudos técnicos por parte do alumnado no marco da elaboración de traballos de fin de grao e fin de máster con temáticas orientadas á recuperación das zonas afectadas e á xestión do material combustible.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.