Skip to main content

O Campus Terra da USC acolle este xoves 1 de febreiro, a partir das 17.00h, o acto de benvida ao seu alumnado internacional

El Campus Terra de la USC acoge este jueves 1 de febrero, a partir de las 17.00h, el acto de bienvenida a su alumnado internacional
El Campus Terra de la USC acoge este jueves 1 de febrero, a partir de las 17.00h, el acto de bienvenida a su alumnado internacional
O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá este xoves na Casa do Saber, a partir das 17.00h, o acto de benvida ao alumnado internacional que acaba de chegar ao...
Lugo

O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, presidirá este xoves na Casa do Saber, a partir das 17.00h, o acto de benvida ao alumnado internacional que acaba de chegar ao campus neste segundo cuadrimestre.

 

A alcaldesa Lara Méndez e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo acompañarán a Bueno nesta nova edición do Welcome Day na que participarán corenta alumnos e alumnas procedentes de Arxelia, México, Brasil, Tunisia, India, Colombia, Suiza e Italia. No transcurso do acto tamén intervirán Bárbara Rovira, en representación do Servizo de Relacións Exteriores (SRE) da USC no Campus Terra; e Manuel Fernández do Centro de Linguas Modernas. Ao finalizar a quenda de intervencións, o alumnado realizará distintas dinámicas de grupo coa responsable do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC no Campus Terra, Fátima Teixeiro; e visitará o Concello e a Deputación de Lugo.

 

A esta nova edición do Welcome Day, hai que sumar as diferentes charlas informativas que membros do SRE impartirán no campus para dar conta dos beneficios de completar os estudos noutro país, así como das diferentes convocatorias abertas e requisitos das mesmas. Neste senso, a Facultade de Ciencias acollerá o vindeiro 1 de febreiro, a partir das 11.00 horas, a primeira das charlas que o SRE ten previsto dar no Campus Terra e nas que o estudantado poderá coñecer de primeira man os detalles da mobilidade por convenio bilateral e SICUE, así como consultar as súas dúbidas. Ese mesmo día, a partir das 13.00 horas, será a quenda da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría; e o 5 de febreiro, ás 12.00 horas, na aula e-Terra, situada na Biblioteca Intercentros, celebrarase a última das sesións informativas. Ademais, as persoas interesadas poderán realizar as súas consultas no correo electrónico bilateral.exchange [at] usc.es (bilateral[dot]exchange[at]usc[dot]es)

 

Ao longo do presente ano académico xa chegaron ao Campus Terra 116 alumnos e alumnas internacionais e agárdase que esta cifra se incremente ata chegar aos 150.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.