Skip to main content

O III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola traerá ao Campus Terra da USC a presentación do programa PRIMA

El III Simposio Nacional y I Ibérico de Ingeniería Hortícola traerá al Campus Terra de la USC la presentación del programa PRIMA
El III Simposio Nacional y I Ibérico de Ingeniería Hortícola traerá al Campus Terra de la USC la presentación del programa PRIMA
O Campus Terra da USC acollerá o vindeiro 21 de febreiro, a partir das 12.00h, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) e no marco do III Simposio Nacional e I Ibérico de...
Lugo

O Campus Terra da USC acollerá o vindeiro 21 de febreiro, a partir das 12.00h, no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPSE) e no marco do III Simposio Nacional e I Ibérico de Enxeñaría Hortícola, a presentación do Programa PRIMA, un consorcio para a investigación e a innovación na zona mediterránea, cuxas liñas mestras serán expostas por Diego Intrigliolo, investigador do CEBAS-CSIC e punto de contacto deste programa en España.

 

Alxeria, Croacia, Chipre, Francia, Alemaña, Grecia, Israel, Italia, Luxemburgo, Malta, Portugal, Eslovenia, Turquía, Tunisia e España conforman este conglomerado de países cuxa principal meta consiste na construción de capacidades de investigación e innovación para desenvolver coñecemento e iniciativas comúns e sustentables no eido agroalimentario. Ademais, a esta listaxe de países está previsto que se lles una Exipto, Líbano, Xordania e Marrocos.

 

PRIMA vén de publicar un preanuncio do que será o call for papers que teñen pensado lanzar o vindeiro 8 de febreiro na súa web oficial e que estará organizado en dúas seccións. Na primeira delas, chámase tanto ás comunidades científicas da zona euro mediterránea, como a entidades privadas para que presenten proxectos que produzan un impacto socioeconómico no futuro inmediato nos seguintes ámbitos temáticos: a reutilización e desalinización da auga na produción agroalimentaria; a mellora da sustentabilidade nos agro-ecositemas mediterráneos; ou a implementación das cadeas de produción agroalimentarias na zona mediterránea.

 

Na segunda das seccións, PRIMA solicita propostas vinculadas a actividades de investigación e innovación baseadas nos regulamentos nacionais que serán financiados polos Estados participantes de entre nove liñas temáticas: fontes de auga axeitadas e de calidade en cuncas e acuíferos; manexo sustentable da auga; tecnoloxías e prácticas de irrigación; adaptación da agricultura ao cambio climático; prevención de enfermidades de animais e plantas; o desenvolvemento de sistemas de cultivo que creen emprego e contribúan ao desenvolvemento do territorio; valorización e caracterización da dieta mediterránea; seguridade alimentaria e cadeas de produción locais; ou o vínculo entre a dieta mediterránea e os beneficios para a saúde.

 

O orzamento total estimado para estas dúas seccións da convocatoria é de dezaoito millóns de euros aportados polos Estados da UE e trinta e dous, por parte doutros países.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.