Skip to main content

Persoal de administración e servizos de universidades de dez países africanos e asiáticos visitan o Campus Terra da USC

Personal de administración y servicios de universidades de diez países africanos y asiáticos visitan el Campus Terra de la USC
Personal de administración y servicios de universidades de diez países africanos y asiáticos visitan el Campus Terra de la USC
Membros de universidades de Afganistán, Alxeria, Exipto, India, Irán, Xordania, Líbano, Marrocos, Palestina e Tunisia foron recibidos este mércores no Campus Terra polo vicerreitor de Coordinación do...
Lugo

Membros de universidades de Afganistán, Alxeria, Exipto, India, Irán, Xordania, Líbano, Marrocos, Palestina e Tunisia foron recibidos este mércores no Campus Terra polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, no marco da denominada Staff Week, semana na que este persoal de administración e servizos visita os diferentes campus da Universidade de Santiago de Compostela.

 

A Staff Week enmárcase no Programa Eramus+ International Credit Mobility KA107 e ten como obxectivo primordial fomentar o traballo en rede entre as máis de 30 universidades participantes e poñer en común metodoloxías de traballo que revertan nunha optimización na xestión e difusión dos programas de mobilidade nos que participan todos os membros do consorcio.

 

 

Tras unha recepción celebrada na vicerreitoría de coordinación do campus universitario lugués, o grupo visitou as distintas facultades e escolas coa intención de coñecer as instalacións e servizos para poder despois informar mellor ao seu alumnado, deste xeito, estes 34 membros da comunidade universitaria internacional puideron descubrir que se ofrece aos estudantes de intercambio que chegan ao Campus Terra.

 

A axenda de actividades da Staff Week continuará este xoves en Santiago con sesións de traballo que rematarán cun acto de clausura no que participará a vicerreitora de Internacionalización, Almudena Hospido.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.