Skip to main content

Alumnado do Colexio Maristas-A Inmaculada de Lugo visita a Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC

Alumnado del Colegio Maristas-A Inmaculada de Lugo visita la Facultad de Ciencias del Campus Terra de la USC
Alumnado del Colegio Maristas-A Inmaculada de Lugo visita la Facultad de Ciencias del Campus Terra de la USC
Alumnos de 4º curso da ESO do Colexio Maristas-A Inmaculada de Lugo abriron este xoves unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas...
Lugo

Alumnos de 4º curso da ESO do Colexio Maristas-A Inmaculada de Lugo abriron este xoves unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal da Facultade de Ciencias pertencente ao Campus Terra da USC.

 

Logo dun breve acto de benvida, que estivo guiado polo decano deste centro universitario lugués, José Manuel Martínez Ageitos, e no que tamén interviron os coordinadores das titulacións de grao impartidas na facultade (Enxeñería de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética), distintos profesores e persoal do centro conduciron sesións prácticas nos laboratorios, onde os estudantes preuniversitarios puideron realizar os seus propios experimentos.

 

Nos seguintes días e ata o 24 de xaneiro tamén participarán neste ciclo estudantes de ensino secundario do IES Basanta Silva de Vilalba, IES A Pinguela de Monforte, CPI Ramón Piñeiro de Láncara, IES Sanxillao, IES Lucus Augusti, Colexio Divino Maestro e IES Ollos Grandes. Xa en maio participará alumnado de último curso da ESO do IES Ánxel Fole, Colexio Padres Franciscanos e Colexio San José.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.