Skip to main content

A área de Cultura da USC no Campus Terra organiza un monográfico de microteatro visceral e un taller de performance

El área de Cultura de la USC en el Campus Terra organiza un monográfico de microteatro visceral y un taller de performance
El área de Cultura de la USC en el Campus Terra organiza un monográfico de microteatro visceral y un taller de performance
O Campus Terra da USC acollerá nos vindeiros meses un curso monográfico de microteatro visceral, así como un obradoiro de performance, para os cales xa está aberto o prazo de inscrición que pode...
Lugo

O Campus Terra da USC acollerá nos vindeiros meses un curso monográfico de microteatro visceral, así como un obradoiro de performance, para os cales xa está aberto o prazo de inscrición que pode formalizarse ata o día anterior ao inicio das clases na oficina de Cultura da USC no Campus Terra ou a través do enderezo electrónico cultura.lugo [at] usc.es (cultura[dot]lugo[at]usc[dot]es).

 

O monográfico ‘Impulsos. Microteatro visceral’, que se iniciará na Facultade de Humanidades o vindeiro 8 de febreiro entre as 18.00 e as 20.30 horas e que seguirá a celebrarse os días 12, 15, 19, 22 e 26 de febreiro, e 1, 5, 8 e 13 de marzo, pretende dar visibilidade e voz ás persoas por medio das artes escénicas, así como descubrir e fomentar o pracer de escribir. Esta acción formativa, impartida por Lucecús Teatro, aspira a converter a escrita nunha fonte de compromiso crítico cara ao mundo que nos rodea e crear un punto de encontro, intercambio e goce para profesionais e amantes das artes escénicas e da cultura. Ademais, este curso contribúe á normalización do uso do galego como expresión das manifestacións culturais.

 

Pola súa parte, o obradoiro ‘Pan, chocolate, pan. Taller de performance’, impartido por María Roja, pretende tomando como base a experiencia da docente en modos de traballo colaborativos, tanto no deseño como no desenvolvemento do seu labor artístico, fomentar o exercicio da performance desde o interese en compartir coas e cos participantes todas as fases dun proceso de creación. Esta actividade terá lugar na Aula de Teatro do Campus Terra os días 26, 27 e 28 de marzo de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas.

 

Ambas as dúas accións formativas constan de 15 prazas sendo a taxa xeral de 90 euros e de 60 euros para alumnado pertencente á comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.