Skip to main content

Unha mostra fai visible no Campus Terra a pegada deixada por 19 mulleres na historia da educación

Una exposición hace visible en el Campus Terra la huella dejada por 19 mujeres en la historia de la educación
Una exposición hace visible en el Campus Terra la huella dejada por 19 mujeres en la historia de la educación
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC pon en valor a relevante pegada que deixaron 19 figuras femininas na historia da educación a través dunha exposición elaborada polo...
Lugo

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC pon en valor a relevante pegada que deixaron 19 figuras femininas na historia da educación a través dunha exposición elaborada polo alumnado da materia ‘Teoría e Historia da Educación Escolar’, impartida polo profesor Francisco Candia.

 

A exposición, que se desenvolve baixo o título ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’, recolle a través de 30 carteis algunhas das achegas máis relevantes que fixeron ao longo da historia 19 mulleres escollidas polos estudantes.

 

O percorrido pola historia da educación que ofrece esta mostra desde unha perspectiva feminina é amplo. De feito, entre as figuras seleccionadas nesta escolma atópanse referentes históricos como Safo de Lesbos, Hipatía de Alexandría, Jeanne de Lestonnac, Concepción Arenal, Elisa Sánchez e Marcela Gracia.

 

Ana Mansfielld Sullivan, Helen Adans Keller, Nadezhda Krupskaya, Rosa Sensat i Vilá, María de Maeztu, Matilide Huici Navaz, Ángeles Alvariño, Antía Cal, Marta Ángela Mata Garriga e María Nicolasa Palau Barbeito son outras das mulleres protagonistas desta escolma. Unha mostra que tamén lembra o relevante cometido desenvolvido polas mestras da montaña, como Ermitas Fernández, Teresa Sanz ou Concepción Casas, ou mesmo polas promotoras de dinámicas a prol de facer accesibles ao alumnado feminino as disciplinas STEM, Danina Mekellar e Debbie Sterling.

 

A exposición ‘Educación en feminino: un paseo pola historia’ permanecerá aberta no vestíbulo da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo ata o vindeiro 19 de xaneiro de 2018.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.