Skip to main content

A EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC analiza nunha xornada técnica estratexias contra o abandono no medio rural

 La EPS de Ingeniería del Campus Terra de la USC analiza en una jornada técnica estrategias contra el abandono en el medio rural
La EPS de Ingeniería del Campus Terra de la USC analiza en una jornada técnica estrategias contra el abandono en el medio rural
Técnicos, investigadores e membros da Administración e representantes de asociacións analizan e debaten este mércores estratexias acaídas contra o abandono no medio rural no marco dunhas xornadas...
Lugo

Técnicos, investigadores e membros da Administración e representantes de asociacións analizan e debaten este mércores estratexias acaídas contra o abandono no medio rural no marco dunhas xornadas organizadas polo grupo de investigación Proxectos e Planificación (Proepla) da USC en colaboración coa Oficina Agraria Comarcal de Lugo e que congregan na Escola Politécnica Superior do Campus Terra a máis de medio centenar de participantes.

 

A diagnose das causas do progresivo abandono que está a sufrir o medio rural, desde a propia evolución demográfica, a conxuntura económica, a perda de valores asociados á vida en áreas rurais e mesmo escaso ou nulo recoñecemento social que se da aos axentes produtivos e á poboación do medio rural, centraron a temática das intervencións desenvolvidas en quenda de maña, na que os distintos relatores convidados fixeron unha radiografía respecto dos diversos factores que inciden no abandono, “o problema capital que está a sangrar a Galicia interior e o seu tecido produtivo”, segundo indicou o coordinador desta xornada, profesor da EPS de Enxeñaría e investigador do grupo Proepla, Manuel Marey.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.