Skip to main content

Campus Terra da USC e Universidade do Paraná perfilan dobres títulos internacionais dos graos en Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Civil e Forestal

Campus Terra de la USC  y la Universidade do Paraná perfilan dobles títulos internacionales de los grados en Ingeniería Agrícola y Agroalimentaria, Civil y Forestal
Campus Terra de la USC y la Universidade do Paraná perfilan dobles títulos internacionales de los grados en Ingeniería Agrícola y Agroalimentaria, Civil y Forestal
Os estudantes de grao da Escola Politécnica Superior Enxeñaría do Campus Terra da USC poderían obter a partir do próximo curso 2018-2019 o título brasileiro correspondente aos graos en Enxeñaría...
Lugo

Os estudantes de grao da Escola Politécnica Superior Enxeñaría do Campus Terra da USC poderían obter a partir do próximo curso 2018-2019 o título brasileiro correspondente aos graos en Enxeñaría Agrícola e Alimentaría, Enxeñaría Civil e Enxeñaría Forestal e do Medio Natural se completan un curso académico na Universidade Tecnolóxica Federal do Paraná (UTFPR).

 

O consenso dos requirimentos que se plasmarán no futuro acordo para a expedición de dobres graos internacionais no eido das enxeñarías entre a EPS de Enxeñaría de Lugo e a primeira universidade tecnolóxica de Brasil, centrou este xoves no Campus Terra da USC unha xuntanza de traballo entre a delegación da Universidade Tecnolóxica Federal do Paraná desprazada ata Lugo e responsables académicos da USC.

 

A UTFPR é unha universidade pública mantida polo goberno federal e a súa sede está localizada na cidade de Curitiba, capital do estado brasileiro do Paraná. As relacións bilaterias entre a USC e a UTFPR son estables e sustentables no tempo, como o proba o feito de que as dúas institucións académicas teñen asinado un convenio de cooperación internacional, demais doutros acordos específicos de intercambio de estudantes e de PDI.

 

Neste contexto de bo entendemento, comezaron hai xa anos os primeiros contactos interuniversitarios para estudar a posibilidade de ofertar títulos dobres no eido das enxeñarías que posibilitaran aos titulados e tituladas o exercicio profesional tanto en Brasil como en España, e por extensión, no contexto europeo. As negociacións mantidas neste tempo non chegaron a traducirse en froitos concretos, aínda que a revitalización das estratexias de internacionalizacón por parte da USC, especialmente no que atinxe á procura de dobres títulos con universidades internacionais, reactivaron os contactos cos UTFPR e propiciaron esta nova visita desta delegación brasileira á EPS de Enxeñaría.

 

O obxectivo deste novo encontro bilateral é activar para o próximo curso a oferta de dobres títulos internacionais. O acordo que xa teñen avanzado a USC e a UTFPR para a oferta de títulos dobres internacionais das citadas enxeñarías permitiría ao alumnado da EPS de Enxeñaría do Campus Terra obter o título universitario correspondente en Brasil logo de completar un curso académico na UTFPR, ademais de abrir novas posibilidades para ampliar a súa formación na institución académica brasileira.

 

A experiencia de vivir un ano en Brasil e as posibilidades de exercer a profesión regulada neste país e de aproveitar así as relacións comerciais existentes con este país suramericano constitúen un atractivo engadido desde a perspectiva profesional para os futuros egresados e egresadas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC, segundo salienta Cuesta. O director da EPS de Enxeñaría entende tamén que a activación destes dobres títulos internacionais é unha pasarela para que os enxeñeiros brasileiros poidan desenvolver o seu cometido profesional en Europa.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.