Skip to main content

Aberta a inscrición nas xornadas ‘Vacún de leite e pastoreo’, que se desenvolverán o 14 de novembro na EPS de Enxeñaría do Campus Terra

Abierta la inscripción en las jornadas ‘Vacuno de leche y pastoreo’, que se desarrollarán el 14 de noviembre en la EPS de Ingeniería del Campus Terra
Abierta la inscripción en las jornadas ‘Vacuno de leche y pastoreo’, que se desarrollarán el 14 de noviembre en la EPS de Ingeniería del Campus Terra
O Campus Terra da USC celebrará o 14 de novembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría as xornadas técnicas ‘Vacún de leite e pastoreo’, un foro aberto á participación de produtores e demais...
Lugo

O Campus Terra da USC celebrará o 14 de novembro na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría as xornadas técnicas ‘Vacún de leite e pastoreo’, un foro aberto á participación de produtores e demais profesionais ligados ao sector, no marco do que varios relatores ofrecerán a súa visión respecto das vantaxes que pode reportar o pastoreo fronte á actual crise de prezos do leite.

 

As xornadas, de inscrición gratuíta para todas as persoas interesadas, desenvolveranse en quenda de mañá e tarde. O programa do foro comezará coa exposición dos relatos de tres produtores de Holanda, Francia e Irlanda, que relatarán en Lugo as experiencias rexistradas nas súas explotacións de vacún. De seguido, estes relatores participarán nunha sesión de debate, que estará moderada por Francisco Sineiro.

 

Técnicos do Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo, dependente da Xunta de Galicia, e do Ligal, farán, xa en quenda de tarde, as súas aportacións respecto das posibilidades que ofrecen as técnicas de pastoreo de vacún de leite como alternativa para mitigar os efectos derivados da crise de prezos do leite.

 

As persoas interesadas en participar neste foro de carácter técnico poden formalizar a súa inscrición de balde a través do enderezo de correo electrónico pedrofiz.rocha [at] usc.es (pedrofiz[dot]rocha[at]usc[dot]es) ou no número de teléfono 630 526 850.

 

Consulta aquí o programa da xornada.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.