Skip to main content

O Campus Terra da USC analiza os novos desafíos da formación universitaria non presencial

El Campus Terra de la USC analiza los nuevos desafíos de la formación universitaria no presencial
El Campus Terra de la USC analiza los nuevos desafíos de la formación universitaria no presencial
A Facultade de Humanidades botou a andar este mércores as I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial, nas que ata o venres 27 de novembro, analizaranse os novos retos aos que...
Lugo

A Facultade de Humanidades botou a andar este mércores as I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial, nas que ata o venres 27 de novembro, analizaranse os novos retos aos que se enfronta a educación semipresencial. As xornadas foron inauguradas polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, a alcaldesa Lara Méndez, e a deputada provincial Sonsoles López Izquierdo.

 

Baixo o lema ‘O desafío do ensino online para as universidades tradicionais’, as xornadas abranguen distintas conferencias, mesas redondas e obradoiros nos que se afondará na docencia universitaria non presencial, ao abeiro dun programa específico destinado tanto a persoal docente e investigador como a persoal de administración e de servizos dos campus de Lugo e Santiago da USC.

 

A profesora da Universidade de Deusto Sonia Arranz pronunciou a conferencia inaugural destas xornadas nunha intervención que levou por título ‘Retos da formación en liña e semipresencial nas nosas universidades’. A continuación, Víctor Martín García, da Universidade de Salamanca, abordou a ‘Implementación e adopción da metodoloxía Blended Learning na educación universitaria’. A primeira xornada conclúe coas mesas redondas ‘A xestión normativa da docencia semipresencial’ e ‘ Aula virtual e aulas presenciais nos modelos de docencia semipresencial’.

 

A sesión do 26 de outubro constará de dous obradoiros nos que a xornalista Teresa Blasco Roselló explicará aos asistentes como enfrontarse ao reto de educar a través dunha cámara; mentres que Xosé María Mahou Lago e Mónica López Viso, da Universidade de Vigo, afondarán nas claves da boa coordinación dunha titulación de máster en liña.

 

A derradeira xornada estará centrada nos MOOCs (Massive Open Online Course). Pedro Pernías Peco, da Universidade de Alacante, pronunciará a conferencia ‘Por   que   fago   MOOC   (e   por   que   ti   tamén   deberías)?’. A subdirectora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe da USC, Beatriz García Antelo, falará da I  Convocatoria  de  Proxectos  de  Innovación  Educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia que se levou a cabo durante o pasado curso. As xornadas pecharanse co obradoiro  ‘Aspectos a ter en conta á hora de deseñar un  MOOC’, que será impartido por Elena González de la Cámara Cayuela, de eTIC Factoría de Formación.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.