Skip to main content

Humanidades bota a andar este mércores as I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial

Humanidades echa a andar este miércoles las I Jornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria no Presencial
Humanidades echa a andar este miércoles las I Jornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria no Presencial
A Facultade de Humanidades acolle entre o 25 e o 27 de outubro as I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial, as cales serán inauguradas este mércores, a partir das 09.15...
Lugo

A Facultade de Humanidades acolle entre o 25 e o 27 de outubro as I Xornadas Campus Terra sobre Docencia Universitaria non Presencial, as cales serán inauguradas este mércores, a partir das 09.15 horas, no salón de graos, polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, xunto á alcaldesa Lara Méndez e a deputada provincial Sonsóles López Izquierdo.

 

Baixo o lema ‘O desafío do ensino online para as universidades tradicionais’, as xornadas abranguen distintas conferencias, mesas redondas e obradoiros nos que se afondará na docencia universitaria non presencial, ao abeiro dun programa específico destinado tanto a persoal docente e investigador como a persoal de administración e de servizos dos campus de Lugo e Santiago da USC.

 

A profesora da Universidade de Deusto Sonia Arranz pronunciará a conferencia inaugural destas xornadas nunha intervención que leva por título ‘Retos da formación en liña e semipresencial nas nosas universidades’. A continuación, Víctor Martín García, da Universidade de Salamanca, analizará a ‘Implementación e adopción da metodoloxía Blended Learning na educación universitaria’. A primeira xornada pecharase coas mesas redondas ‘A xestión normativa da docencia semipresencial’ e ‘ Aula virtual e aulas presenciais nos modelos de docencia semipresencial’.

 

A sesión do 26 de outubro constará de dous obradoiros nos que a xornalista Teresa Blasco Roselló explicará aos asistentes como enfrontarse ao reto de educar a través dunha cámara; mentres que Xosé María Mahou Lago e Mónica López Viso, da Universidade de Vigo, afondarán nas claves da boa coordinación dunha titulación de máster en liña.

 

A derradeira xornada estará centrada nos MOOCs (Massive Open Online Course). Pedro Pernías Peco, da Universidade de Alacante, pronunciará a conferencia ‘Por   que   fago   MOOC   (e   por   que   ti   tamén   deberías)?’. A subdirectora do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe da USC, Beatriz García Antelo, falará da I  Convocatoria  de  Proxectos  de  Innovación  Educativa en MOOC e de apoio das TIC á docencia que se levou a cabo durante o pasado curso. As xornadas pecharanse co obradoiro  ‘Aspectos a ter en conta á hora de deseñar un  MOOC’, que será impartido por Elena González de la Cámara Cayuela, de eTIC Factoría de Formación.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.