Skip to main content

O Campus Terra da USC dá a benvida ao seu novo alumnado o vindeiro xoves 14 de setembro

El Campus Terra de la USC da la bienvenida a su nuevo alumnado el próximo jueves 14 de septiembre
El Campus Terra de la USC da la bienvenida a su nuevo alumnado el próximo jueves 14 de septiembre
A xornada de benvida ao Campus Terra da USC dirixida especialmente aos mozos e mozas que inicien os seus estudos de grao en Lugo, pero tamén ao conxunto do alumnado da sede universitaria luguesa,...
Lugo

A xornada de benvida ao Campus Terra da USC dirixida especialmente aos mozos e mozas que inicien os seus estudos de grao en Lugo, pero tamén ao conxunto do alumnado da sede universitaria luguesa, terá lugar o vindeiro 14 de setembro, a partir das 12:00 horas no Auditorio da Facultade de Veterinaria. A esa mesma hora, saírán dende a Facutade de Formación do Profesorado autobuses en dirección ao Auditorio de Veterinaria.

 

No acto, cada servizo do campus disporá dun espazo expositor no que informará ao alumnado da súa actividade e oferta formativa. Biblioteca Intercentros, Área de Orientación e Inserción Laboral, Oficina de Cultura, Servizo de Deportes, Servizo de Participación e Integración Universitaria, Servizo de Relacións Exteriores, Normalización Lingüística, Centro de Linguas Modernas, Oficina de Igualdade de Xénero, Desenvolvemento Sostible, Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay, Centro de Apoio Científico-Tecnolóxico (CACTUS) ou a Oficina de Información Universitaria, darán a coñecer a súa múltiple e diversa actividade. Xunto cos espazos propios da USC, tamén contarán cun espazo expositor Concello e Deputación de Lugo, Dirección Xeral de Xuventude e Banco Santander.

 

De xeito paralelo a esta actividade formativa, o Dj Mr. Fishman aka Dr. Think amenizará a xornada coa súa música. Ademais, tamén haberá tempo para degustar uns petiscos de benvida ou para participar nunha master class de zumba. Na recta final do acto sortearase unha tablet entre todos os asistentes.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.