Skip to main content

Unha delegación da universidade chinesa de Ludong visita o Campus Terra da USC

Una delegación de la universidad chinesa de Ludong visita el Campus Terra de la USC
Una delegación de la universidad chinesa de Ludong visita el Campus Terra de la USC
Os profesores Cheng Xianhao, decano da Escola de Agricultura da Universidade chinesa de Ludong; Wang Xiaotong, vicedecano do devandito centro; e Wu Daoxun, xefe da Oficina de Programas Internacionais...
Lugo

Os profesores Cheng Xianhao, decano da Escola de Agricultura da Universidade chinesa de Ludong; Wang Xiaotong, vicedecano do devandito centro; e Wu Daoxun, xefe da Oficina de Programas Internacionais visitaron este luns o Campus Terra da USC onde foron recibidos polo vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno, polo vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico, Andrés Barreiro Lois, e polo xestor de Internacionalización do Campus Terra, Pedro Fiz Rocha.

 

Xianhao, especialista en microbioloxía, fungos comestibles, e biomedicina; e Xiaotong, cuxa principal liña de investigación se centra no campo da xenética animal e a reprodución, visitaron a vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, para a continuación dirixirse á Escola Politécnica Superior de Enxeñaría e á Facultade de Veterinaria do Campus Terra

 

O principal obxectivo desta visita é estreitar lazos co Campus Terra e fomentar a mobilidade de estudantes, docentes e investigadores entre ambas as dúas institucións. Este encontro prodúcese no marco do proxecto Erasmus + CBHE UNISON, coordinado pola USC. Neste proxecto  participan universidades de Alemaña, Xeorxia, Rusia, China e Portugal. O proxecto foi deseñado para definir claramente os mecanismos de transferencia e comercialización do coñecemento e a tecnoloxía. A realización deste proxecto permitirá fortalecer a cooperación coas empresas e abrir novas oportunidades laborais.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.