O Campus Terra acolle dúas sesións de presentación do Acelerador de Transferencia
O programa “Acelerador de Transferencia” que financia entre 10.000 e 40.000 euros a transferencia de resultados de investigación xerados por grupos da USC ao mercado, celebra este luns 12 de xuño dúas sesións de presentación no Campus Terra co obxecto de dar a coñecer os pormenores da presente convocatoria.
A primeira das sesións terá lugar ás 12:30 horas na sala de conferencias do Edificio Cactus, mentres que a segunda, celebrarase na Sala Galeno da Facultade de Veterinaria, situada no Pavillón Central, ás 16:30 horas.
A presentación terá unha duración estimada de 75 minutos e nela exporase o obxectivo do programa, as características que deben presentar os proxectos, os gastos financiables e cantidades estimadas, o proceso de redacción da proposta e os criterios de selección, así como o apoio que pode brindar a AVTE a aqueles investigadores e investigadoras que estén interesados en elaborar unha proposta. Os/as interesados/as en asistir poden anotarse neste formulario de inscripción.
O propósito do Acelerador de Transferencia é levar a cabo as accións necesarias para cubrir a fenda entre os resultados do que tipicamente se considera un proxecto de investigación e un coñecemento o suficientemente maduro para que resulte de interese para unha empresa ou outro axente externo, co obxectivo de aumentar as posibilidades de transferencia e polo tanto o seu valor.