Skip to main content

O embaixador de España en Tokio ofrece unha recepción á decana da Facultade de Humanidades do Campus Terra

El embajador de España en Tokio ofrece una recepción a la decana de la Facultad de Humanidades del Campus Terra
El embajador de España en Tokio ofrece una recepción a la decana de la Facultad de Humanidades del Campus Terra
A decana da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, María Isabel González Rey, que vén de completar unha estadía de dúas semanas en Xapón ao abeiro do proxecto europeo Vía Láctea, no que...
Lugo

A decana da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, María Isabel González Rey, que vén de completar unha estadía de dúas semanas en Xapón ao abeiro do proxecto europeo Vía Láctea, no que participa o centro universitario lugués xunto coa Universidade do Minho, Braga, e as universidades xaponesas de Aichi (Nagoya) e Kanazawa, rematou a súa visita a Xapón cunha recepción na Embaixada de España en Tokio, na que participaron ademais do embaixador Gonzalo de Benito; o Conselleiro Cultural e Científico da Embaixada, José Antonio Ory, así como o secretario da mesma, Javier Izquierdo Escobar.

 

A decana da Facultade de Humanidades da USC, que viaxou ao país asiático acompañada de María Buján Prévot, técnico do Servizo de Relacións Exteriores da USC, aproveitou o encontro co embaixador Gonzalo de Benito para informalo dos contactos realizados durante a súa estadía en Xapón, así como sobre o desenvolvemento do proxecto europeo Vía Láctea liderado polo centro universitario lugués.

 

Os representantes da Embaixada de España en Tokio brindaron o seu apoio nas xestións que a USC está levando a cabo no país nipón, ao tempo que ofreceron a súa máxima colaboración cara a futuros proxectos. De Benito fixo ademais especial fincapé no interese que ten Xapón para España, como o proba a recente visita realizada por Felipe VI e que se traduciu na sinatura de diversos protocolos de cooperación entre os dous países. O Conselleiro Cultural e Científico da Embaixada de España en Tokio, José Antonio Ory, ofreceu asemade o seu total compromiso en relación aos estudantes universitarios que están actualmente residindo no país nipón, ao tempo que fixo un chamamento para que novos estudantes da USC  se animen no futuro a realizar estadías de estudos en Xapón.

 

A decana da Facultade de Humanidades da USC fai un balance moi positivo da súa estadía no país, na medida en que estima que esta visita abre á institución galega novas oportunidades para proxectos comúns coas universidades niponas. A intensificación desta relación pode contribuír tamén a fortalecer tanto a presenza da lingua española no país nipón como a da lingua xaponesa dentro da Universidade de Santiago de Compostela.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.