Skip to main content

A presenza de materias humanísticas en secundaria, a debate na XXV Conferencia de Decanatos de Artes e Humanidades

La presencia de materias humanísticas en secundaria, a debate en la XXV Conferencia de Decanatos de Artes y Humanidades
La presencia de materias humanísticas en secundaria, a debate en la XXV Conferencia de Decanatos de Artes y Humanidades
A presenza de materias humanísticas nos distintos cursos de ensino secundario, a relación existente entre os estudos universitarios humanísticos e o ensino secundario e Bacharelato, o futuro dos...
Lugo

A presenza de materias humanísticas nos distintos cursos de ensino secundario, a relación existente entre os estudos universitarios humanísticos e o ensino secundario e Bacharelato, o futuro dos estudos humanísticos en modalidade en liña ou as prácticas externas e a empregabilidade nos estudos de Humanidades, constitúen algúns dos aspectos que capitalizaron as distintas sesións de traballo celebradas no marco da XXV Conferencia de Decanatos de Arte e Humanidades de España.

 

A última edición deste foro, organizado pola Universidade de Castela A Mancha, congregou na vila de Almagro a decanos/as de diferentes centros universitarios e facultades españolas nas que se imparten estudos de artes e humanidades, unha comitiva académica entre a que tamén estivo presente o vice decano da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC, Gonzalo Francisco Fernández Suárez.

 

As distintas sesións expositivas e debate programados no marco da XXV Conferencia de Decanatos de Artes e Humanidades desenvolvéronse en quenda de mañá nas dependencias do Palacio dos Condes de Valparaíso, propiedade da Deputación Provincial de Cidade Real. Xa en quenda de tarde, a delegación académica que tomou parte nesta conferencia tivo a ocasión de realizar unha visita guiada pola vila de Almagro e o seu curral de comedias do século XVII.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.