Skip to main content

A alumna da EPS María José Rodríguez González, Premio San Isidoro 2017 do Colexio de Enxeñeiros Técnicos en Topografía

La alumna de la EPS María José Rodríguez González, Premio San Isidoro 2017 del Colegio de Ingenieros Técnicos en Topografía
La alumna de la EPS María José Rodríguez González, Premio San Isidoro 2017 del Colegio de Ingenieros Técnicos en Topografía
A investigación titulada ‘Control dimensional mediante fotogrametría do ensaio de carga dun prototipo de estrutura de madeira’, realizada pola alumna María José Rodríguez González da Escola...
Lugo

A investigación titulada ‘Control dimensional mediante fotogrametría do ensaio de carga dun prototipo de estrutura de madeira’, realizada pola alumna María José Rodríguez González da Escola Politécnica Superior do Campus Terra, vén de obter o Premio San Isidoro 2017 do Ilustre Colexio de Enxeñaría Xeomática e Topográfica ao mellor Traballo Fin de Grao realizado no marco das titulacións de Enxeñaría Técnica en Topografía e do Grao en Enxeñaría en Xeomática e Topografía.

 

Este proxecto realizado no ámbito da Plataforma da Enxeñaría da Madeira Estrutural en colaboración co grupo de investigación CIGEO da Universidade de Santiago de Compostela, estivo dirixido polos profesores Mariluz Gil Docampo e Juan Ortiz Sanz. A investigación propón un programa de fotogrametría de puntos discretos e fachos converxentes e unha cámara profesional para o control dimensional de dous tipos de estrutura de madeira diferentes. Todo iso para, grazas a este método fotogramétrico, poder calcular coordenadas 3D e medir distancias nas estruturas nos diferentes momentos de carga da forma máis sinxela.

 

O obxectivo dos galardóns do Ilustre Colexio de Enxeñaría Xeomática e Topográfica consiste en premiar e fomentar o enxeño, a creación e o rigor técnico e científico dos alumnos que co seu traballo achegan solucións novas, desenvolvementos e execucións singulares, con calidade e excelencia, que contribuirán na valorización da profesión e a proxección desta enxeñaría na sociedade. Os premios entregáronse no acto de celebración da Xornada de Confraternización San Isidoro 2017 organizada pola Delegación Territorial en Galicia na localidade coruñesa de Culleredo.       

The contents of this page were updated on 02.25.2022.