Skip to main content

O ciclo de cinema negro francés continúa o luns na Facultade de Humanidades coa proxección do filme ‘Pickpocket’

El ciclo de cine negro francés continúa el lunes en la Facultad de Humanidades con la proyección del film ‘Pickpocket’
El ciclo de cine negro francés continúa el lunes en la Facultad de Humanidades con la proyección del film ‘Pickpocket’
O ciclo de cinema negro, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no Campus Terra, continúa este luns 8 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos da...
Lugo

O ciclo de cinema negro, unha programación promovida pola sección de francés do Centro de Linguas Modernas no Campus Terra, continúa este luns 8 de maio, ás 19:30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades coa proxección de ‘Pickpocket’, un filme realizado en 1959 por Robert Bresson, que poderá verse en versión orixinal con subtítulos en español.

 

A segunda das proxeccións programadas na cuarta edición do ciclo de cinema negro francés, conta a historia de Michel, un carteirista que non rouba por necesidade malia que tampouco o fai por vicio; non é cleptómano, rouba para darse a si mesmo un valor, porque o roubo é o medio para expresar os seus sentimentos

 

O devandito ciclo, unha actividade promovida e organizada pola sección de francés do CLM no Campus Terra e que nesta edición leva por título ‘Á marxe’, terá continuidade os luns 15 e 29 de maio con outros dous novos filmes 'Judex' (1965), de Franju, e 'Alphaville' (1965), de Godard.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.