Skip to main content

A EPS do Campus Terra bota a andar un ciclo sobre o sector forestal cun foro de debate sobre xestión de masas e certificación

La EPS del Campus Terra echa a andar un ciclo sobre el sector forestal con un foro de debate sobre gestión de masas y certificación
La EPS del Campus Terra echa a andar un ciclo sobre el sector forestal con un foro de debate sobre gestión de masas y certificación
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC bota a andar un ciclo sobre o sector forestal de Galicia cun foro de debate sobre xestión de masas e certificación no que intervirán como...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC bota a andar un ciclo sobre o sector forestal de Galicia cun foro de debate sobre xestión de masas e certificación no que intervirán como relatores a coordinadora do Grupo Galego de Certificación Forestal e Cadea de Custodia, Isabel Puentes; Marcos Estévez, xestor de  proxectos comunais e pequenos propietarios, e o catedrático da área de Produción Vexetal da USC Roque Rodríguez Soalleiro.

 

O foro sobre xestión de masas e certificación forestal desenvolverase a partir das 12.00 horas na sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo, o mesmo escenario no que o tamén profesor da USC Ignacio Díaz Maroto guiará de seguido un debate aberto co público asistente á sesión.

 

Este coloquio servirá de apertura das xornadas sobre enxeñaría agroforestal, unha programación promovida a iniciativa do profesor Pablo Vila Lameiro e que terá continuidade os días 5, 12 e 19 de maio no centro universitario lugués, onde diversos relatores tratarán cuestións ligadas á sanidade vexetal, paisaxismo e ordenación do territorio e industria forestal.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.