Skip to main content

XuvenCiencia presenta este xoves a V edición do seu Campus de Verán no Campus Terra da USC

XuvenCiencia presenta este jueves la V edición de su Campus de Verano en el Campus Terra de la USC
XuvenCiencia presenta este jueves la V edición de su Campus de Verano en el Campus Terra de la USC
O Campus Terra da USC acollerá entre o 2 e o 8 de xullo a quinta edición do campus de verán XuvenCiencia, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en...
Lugo

O Campus Terra da USC acollerá entre o 2 e o 8 de xullo a quinta edición do campus de verán XuvenCiencia, un programa organizado e promovido polo profesorado da sede universitaria luguesa en colaboración coa Vicerreitoría de Coordinación. A través do mesmo, preténdese achegar a realidade universitaria, así como a oferta de estudos, servizos e as investigacións desenvolvidas no Campus Terra da USC, ao estudantado preuniversitario.

 

O vicerreitor de Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Andrés Barreiro Lois; o secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez de Castro; representantes de Deputación e Concello de Lugo, e Carlota López, en representación da empresa patrocinadora Aresa, presentarán este xoves, ás 11.30 horas, na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo, xunto á profesora da USC e coordinadora do campus de verán Xuvenciencia, Mercedes Novo Rodríguez, as novidades e a programación de actividades deseñadas no marco dunha iniciativa na que participan todos os centros do campus lugués.

 

O prazo de inscrición neste programa, para o que se ofrecen un total de 135 prazas, ábrese o 28 de abril, ás 16:00 horas e péchase o 8 de maio, ás 24:00 horas. O fomento da convivencia constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus e por iso nesta edición óptase por ofertar un maior número de prazas con aloxamento. O campus de verán Xuvenciencia de Lugo presenta un ameno programa de aprendizaxe e convivencia, a través do que a USC busca dar a coñecer a estudantes preuniversitarios os distintos itinerarios formativos que poden cursan nas oito facultades e centros adscritos do Campus Terra.

 

A nova edición do campus de verán Xuvenciencia Lugo mantén os mesmos obxectivos cos que naceu e que pasan por espertar entre o alumnado de toda Galicia a paixón pola ciencia e a tecnoloxía. Asemade, XuvenCiencia contribúe a divulgar e achegar ao estudantado preuniversitario as titulacións científicas, técnicas e de ciencias sociais e Humanidades, así como a investigación desenvolvida nos distintos centros do Campus Terra. Neste senso, preténdese dar a coñecer a ciencia e a tecnoloxía desenvolvida na sede universitaria luguesa mediante a organización de obradoiros e o desenvolvemento de proxectos científicos, técnicos e sociais que teñan como protagonistas aos estudantes de ESO e Bacharelato.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.