Skip to main content

O Campus Terra da USC, á cabeza na formación de asesores rurais

El Campus Terra de la USC, a la cabeza en la formación de asesores rurales
El Campus Terra de la USC, a la cabeza en la formación de asesores rurales
O edificio Cactus do Campus Terra da USC acolle este venres e sábado un novo modulo de formación para asesores rurais e de explotacións agrarias no marco do programa de posgrao coordinado na USC polo...
Lugo

O edificio Cactus do Campus Terra da USC acolle este venres e sábado un novo modulo de formación para asesores rurais e de explotacións agrarias no marco do programa de posgrao coordinado na USC polo profesor na Escola Politécnica Superior Florentino Díaz Rodríguez e cuxa superación é obrigatoria para a obtención do certificado europeo Cecra.

 

A formación de asesores/as rurais tense convertido nunha aposta da Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, un centro que na actualidade constitúe a única entidade que está a ofertar este tipo de programas específicos e de formación continua ao respecto. Daquela, logo de organizar a celebración de diversos módulos formativos ao longo dos últimos meses, nos que participaron neste tipo de cursos máis de medio centenar de persoas, a Escola Politécnica Superior da USC tense convertido no principal referente na formación de asesores de explotacións agrogandeiras en España e Portugal.

 

A docencia do módulo formativo que se desenvolve este venres e sábado no Campus Terra da USC estará impartida polo doutor alemán Jochen Curlee e polo tamén profesor doutor do Departamento de Produción Vexetal e Enxeñaría de Proxectos da USC na EPS  Martín Barrasa Rioja.

 

Os obxectivos que pretenden os promotores deste programa formativo dirixido a profesionais do asesoramento rural, tanto particulares como de empresas ou da Administración, pasan por mellorar a eficacia dos actuais servizos de aconsellamento, a través da actualización de coñecementos, mellora da cualificación e da formación periódica e continuada dos asesores.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.