Skip to main content

Estudantes de ensino medio de 11 centros da provincia de Lugo participaron este venres nos ‘Encontros no Campus Terra’

Estudiantes de enseñanza secundaria de 11 centros de la provincia de Lugo participaron este viernes en los ‘Encontros no Campus Terra’
Estudiantes de enseñanza secundaria de 11 centros de la provincia de Lugo participaron este viernes en los ‘Encontros no Campus Terra’
Estudantes de ensino medio procedentes de 11 centros educativos da provincia de Lugo e da Coruña visitaron este venres 7 de abril os centros universitarios da USC radicados en Lugo a través da...
Lugo

Estudantes de ensino medio procedentes de 11 centros educativos da provincia de Lugo e da Coruña visitaron este venres 7 de abril os centros universitarios da USC radicados en Lugo a través da xornada ‘Encontros no Campus Terra de Lugo’, unha iniciativa enmarcada no programa ‘A Ponte entre o  Ensino Medio e a USC’ e orientada a dar a coñecer a oferta de estudos e servizos da USC nesta sede universitaria a estudantes preuniversitarios.

 

O programa desta xornada de achegamento da USC ao estudantado preuniversitario comezou a desenvolverse a partir das 10.30 horas no auditorio da Facultade de Veterinaria, onde o vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno Lema, deu a benvida aos participantes. De seguido, o coordinador do programa ‘A Ponte’ no campus de Lugo, Francisco Javier López González, fixo unha presentación xeral do campus lugués. Ao remate desta exposición, un grupo de estudantes universitarios do campus de Lugo compartiu co auditorio as súas respectivas experiencias na USC, ademais doutras vivencias na cidade de Lugo.

 

Unha vez rematada esta sesión de presentación e benvida, os mozos e mozas presentes, distribuídos en grupos en función das súas preferencias e acompañados de estudantes e profesores universitarios, completaron itinerarios de visitas ás distintas facultades e escolas do campus de Lugo, ademais de facer un percorrido polas instalacións da Biblioteca Intercentros. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.