Skip to main content

A Estación Científica do Courel acolle un obradoiro sobre o uso tradicional das plantas medicinais en Galicia

La Estación Científica do Courel acoge un taller sobre el uso tradicional de las plantas medicinales en Galicia
La Estación Científica do Courel acoge un taller sobre el uso tradicional de las plantas medicinales en Galicia
A licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, María Moure Oteiza, imparte entre o 21 e o 23 de abril o ‘II Obradoiro sobre o uso tradicional das plantas medicinais en Galicia:...
Lugo

A licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, María Moure Oteiza, imparte entre o 21 e o 23 de abril o ‘II Obradoiro sobre o uso tradicional das plantas medicinais en Galicia: o exemplo do Courel’ que terá lugar na Estación Científica do Courel.

 

Trátase dun obradoiro intensivo con once horas de teoría e dúas excursións, que constituirán as clases prácticas. En relación á teoría, son catro horas de clase por día con media hora de descanso polo medio. A primeira hora de clase sería de introdución e as 9 seguintes basearíanse en fichas técnicas de 3 plantas medicinais por hora. A última hora de clase, correspondente á clausura, destinarase a un coloquio final para atender as dúbidas, comentarios e preguntas dos asistentes.

 

Cada ficha técnica está baseada nunha planta medicinal común utilizada en Galicia a nivel tradicional, tomando como referencia as utilizadas na Serra do Courel. Trátase dun total de 30 plantas clasificadas por orde alfabética. De cada unha delas estudarase o seu uso, tanto o recolleito pola Farmacopea oficial como o tradicional. Tamén se estudarán as partes utilizadas e a preparación, así como as precaucións de uso e, no caso de que procedese, o seu significado máxico-medicinal, así como refráns, lendas e cancións. O devandito estudo completaríase cos coñecementos achegados polos asistentes.

 

A inscrición é gratuíta ata o día 18 de abril chamando aos teléfonos 982821901 (polas tardes), 648051928, 600942418, ou enviando un correo electrónico a ro_rodriguezlopez [at] hotmail.com (ro_rodriguezlopez[at]hotmail[dot]com) ou a antonio.rigueiro [at] usc.es (antonio[dot]rigueiro[at]usc[dot]es) indicando nome e apelidos, DNI con letra, dirección postal e número de teléfono.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.