Skip to main content

Humanidades do Campus Terra presenta a súa oferta de grao en Ourense e Compostela

Humanidades del Campus Terra presenta su oferta de grado en Ourense y Compostela
Humanidades del Campus Terra presenta su oferta de grado en Ourense y Compostela
O vicedecano de Humanidades do Campus Terra da USC, Gonzalo Fernández, visita esta semana dúas escolas de Arte e superiores de Deseño, así como un centro de Formación Profesional, para presentar a...
Lugo

O vicedecano de Humanidades do Campus Terra da USC, Gonzalo Fernández, visita esta semana dúas escolas de Arte e superiores de Deseño, así como un centro de Formación Profesional, para presentar a oferta de grao da súa facultade.

 

Este mércores 22 é a quenda da cidade de Ourense, na cal Fernández visitará a Escola de Arte e Superior de Deseño “Antonio Faílde”, ás 10:00 horas; e o CIFP A Farixa, a partir das 11:30 horas. O venres 24, a tamén Escola de Arte e Superior de Deseño “Mestre Mateo”, situada en Santiago de Compostela, acollerá unha nova sesión, ás 12:00 horas, na que se abordará o contido e saídas profesionais do Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural. Asemade, farase fincaré en que este grao pode cursarse a través da modalidade semipresencial, a cal permite estudar a titulación de modo telemático en virtude dunha plataforma virtual e asistir só ás aulas nas que o alumn@ esté interesad@.

 

Na Facultade de Humanidades do Campus Terra tamén se imparte o grao en Lingua e Literatura Españolas, así como o máster universitario en Servizos Culturais, o cal tamén se enmarca dentro da modalidade semipresencial. Todas estas titulacións atópanse en coherencia coa concepción interdisciplinar que do concepto “Terra” reivindica o Campus Terra, o campus da USC especializado na sustentabilidade económica, medioambiental, pero tamén social e cultural do uso da terra. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.