A AVTE convoca o XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC
A Área de Valorización Transferencia e Emprendemento da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración con UNINOVA, convoca o XVI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da USC.
O obxectivo deste certame consiste en impulsar a creación de empresas innovadoras promovidas pola comunidade universitaria da USC, así como a innovacion empresarial e a xeración de emprego.
O prazo de presentación de candidaturas estará aberto ata o 9 de maio e os premios que se outorgarán serán os seguintes:
• PREMIO EMPRESA EBT: 2.000 euros
PREMIO EMPRESA START-UP: 2.000 euros
PREMIO PROXECTO EMPRESARIAL EBT: 2.000 € + 1 bolsa BoosterWE
PREMIO PROXECTO EMPRESARIAL START-UP: 2.000 € + 1 bolsa BoosterWE
• PREMIO MULLER EMPRENDEDORA: 2.000 euros
PREMIO Á PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA: 1.000 €
Máis información: