Skip to main content

A Facultade de Humanidades do Campus Terra presenta o seu Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural entre alumnado de formación profesional

La Facultad de Humanidades del Campus Terra presenta su Grado en Ciencias de la Cultura y Difusión Cultural entre alumnado de formación profesional
La Facultad de Humanidades del Campus Terra presenta su Grado en Ciencias de la Cultura y Difusión Cultural entre alumnado de formación profesional
O vicedecano da Facultade de Humanidades do Campus Terra, Gonzalo Fernández Suárez, inicia este martes 7 de marzo, un ciclo de charlas por diversos centros galegos nos que se imparten ciclos...
Lugo

O vicedecano da Facultade de Humanidades do Campus Terra, Gonzalo Fernández Suárez, inicia este martes 7 de marzo, un ciclo de charlas por diversos centros galegos nos que se imparten ciclos formativos de grao superior, coa intención de dar a coñecer a titulación en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.

 

O CIFP Portovello e a Escola de Arte Superior de Deseño “Antonio Faílde” de Ourense serán os primeiros centros en acoller estas sesións informativas ao longo deste martes. O mércores 8 é a quenda do alumando da Fundación TIC de Lugo; e o venres 10, correspóndelle ao CIFP Manuel Antonio de Vigo. Está previsto que nos vindeiros días novos centros se sumen a esta acción de promoción do título.

 

O Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural, grao mixto en Ciencias Humanas e Sociais, é o único grao en toda Galicia que forma aos estudantes para traballar no eido da Cultura. Con dous anos de formación humanística e outros dous de formación específica en xestión e difusión cultural, esta titulación permítelle ao seu alumnado realizar prácticas en empresas de comunicación, redes museísticas, centros arqueolóxicos, salas de exposicións ou departamentos de Cultura en institucións. Ademais, o Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural pode cursarse tanto de modo presencial como semipresencial

The contents of this page were updated on 02.25.2022.