A EPS do Campus Terra da USC acolle unha xornada sobre Mobile Mapping e Perfilómetro
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC acollerá o 8 de marzo, entre as 10 e as 14 horas, unha sesión introdutoria aos sistemas de mapeo móbil e perfilómetro, así como á súa evolución...
Lugo
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC acollerá o 8 de marzo, entre as 10 e as 14 horas, unha sesión introdutoria aos sistemas de mapeo móbil e perfilómetro, así como á súa evolución dende o ano 2008.
No transcurso da xornada, os asistentes recibirán formación sobre como funcionan estes sistemas e cal é o seu uso, así como verbo dos software de toma e análise de datos. Asemade, exporanse casos de éxito tanto a nivel nacional como internacional. Os/as interesad@s en asistir á xornada poden formalizar a súa inscrición premendo neste enlace.