Skip to main content

Ence ofrece 13 bolsas para enxeñeiros forestais da Escola Politécnica Superior do Campus Terra co programa Talento

Ence ofrece 13 becas para ingenieros forestales de la Escuela Politécnica Superior del Campus Terra con el programa Talento
Ence ofrece 13 becas para ingenieros forestales de la Escuela Politécnica Superior del Campus Terra con el programa Talento
A xefa de capital humano de Ence, Ainhoa Legarreta, presentou este mércores a estudantes e titulados en Enxeñaría Forestal na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. Acompañada das...
Lugo

A xefa de capital humano de Ence, Ainhoa Legarreta, presentou este mércores a estudantes e titulados en Enxeñaría Forestal na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC. Acompañada das enxeñeiras forestais Carmen Jorge e Lucía Ferreiro, que se incorporaron ao plantel de Ence logo de participar no programa Talento, Legarreta explicou os obxectivos e as posibilidades de inserción laboral que ofrece Ence a través desta iniciativa de captación de novos talentos.

 

A responsable de capital humano de Ence sinalou neste senso que o programa Talento ofrece 13 bolsas para enxeñeiros/as  forestais,  a través das que a propia compañía pretende completar a formación do alumnado que vén de completar a titulación universitaria.

 

As bolsas que ofrece Ence a través do programa Talento permiten que o alumno teña un coñecemento horizontal en todos os departamentos da empresa durante 6 meses. Asemade, tal e como se puxo de manifesto na sesión celebrada este martes na Escola Politécnica Superior de Lugo, un terzo dos participantes neste programa na edición de 2016 continuaron a súa vinculación laboral con Ence a través da sinatura de contratos laborais.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.