Skip to main content

A investigadora do Campus Terra da USC Eva Cabanelas, única semifinalista galega do certame de divulgación científica Famelab España

La investigadora del Campus Terra de la USC Eva Cabanelas, única semifinalista gallega del certamen de divulgación científica Famelab España
La investigadora del Campus Terra de la USC Eva Cabanelas, única semifinalista gallega del certamen de divulgación científica Famelab España
A veterinaria formada no Campus Terra da USC Eva Cabanelas Dopazo é a única investigadora do Sistema Universitario Galego que figura entre as 16 candidaturas clasificadas para as semifinais da quinta...
Lugo

A veterinaria formada no Campus Terra da USC Eva Cabanelas Dopazo é a única investigadora do Sistema Universitario Galego que figura entre as 16 candidaturas clasificadas para as semifinais da quinta edición do certame de divulgación científica Famelab España, unha iniciativa promovida pola Fundación Española de Ciencia e Tecnoloxía (Fecyt) e o Bristish Council e que conta con patrocinio da Obra Social La Caixa.

 

Esta científica ourensá, que está a piques de presentar a súa tese de doutoramento na Facultade de Veterinaria de Lugo, unha investigación dirixida polo catedrático do Departamento de Parasitoloxía da USC Pablo Díez Baños no que afonda e achega luz  sobre as particularidades e incidencia dun parasito como é a hypoderma, tomou parte na quinta edición do Famelab España para divulgar “de xeito divertido” o alcance e os resultados dalgunhas das pescudas realizadas no marco da súa investigación de doutoramento.

 

Dinámica, extravertida, tal  e como definen a Eva Cabanelas os investigadores que traballan con ela no laboratorio de Parasitoloxía da Facultade de Veterinaria de Lugo, esta nova científica non dubidou un ápice en sumarse ao Famelab para realizar así a súa particular achega á divulgación científica: “Un monólogo sobre los barros del ganado, de apenas tres minutos de duración, que grabé en mi casa”, explicou.

 

A naturalidade é a sinxeleza coa que esta investigadora pre doutoral da USC relata a súa participación neste certame de divulgación científica, contrasta, cando menos, co éxito xa obtido ata o momento. De feito, os membros do xurado encargado de resolver a quinta edición do Famelab, incluíron a proposta presentada por Eva Cabanelas entre as 16 seleccionadas para a fase de semifinais dun total de 79 candidaturas.

 

Os semifinalistas, divididos en dous grupos de oito participantes cada un, buscarán un oco na final no transcurso de dúas galas que se desenvolverán os días 24 de marzo, en Bilbao, e 7 de abril, en Barcelona, na que participará na divulgadora galega. As dúas cerimonias estarán guiadas pola actriz e humorista Silvia Abril e as oito propostas máis valoradas competirán na fase final española, que se celebrará en Madrid e de onde sairá o gañador que representará a España na final internacional do Cheltenham Science Festival, que se desenvolverá en xuño no Reino Unido.

 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.