Skip to main content

A ORE no Campus Terra imparte dúas novas sesións informativas sobre mobilidade en Humanidades e Enfermaría

La ORE en el Campus Terra imparte dos nuevas sesiones informativas sobre movilidad en Humanidades y Enfermería
La ORE en el Campus Terra imparte dos nuevas sesiones informativas sobre movilidad en Humanidades y Enfermería
O Campus Terra acolle nos vindeiros días diversas charlas informativas na que membros da Oficina de Relacións Exteriores da USC presentarán ante o alumnado os distintos programas aos que poden...
Lugo

O Campus Terra acolle nos vindeiros días diversas charlas informativas na que membros da Oficina de Relacións Exteriores da USC presentarán ante o alumnado os distintos programas aos que poden acollerse se desexan completar a súa formación fóra de Galicia.

 

Ademais das sesións xa anunciadas na Facultade de Dirección e Administración de Empresas, o próximo 14 de febreiro, ás 13:00 horas, e na Escola Politécnica Superior, un día despois e á mesma hora, dúas novas charlas terán lugar na Facultade de Humanidades e na Escola Universitaria de Enfermaría, ambas as dúas o martes 14 de febreiro.

 

No salón de graos da Facultade de Humanidades, a partir das 11:00 horas, e na aula 5 de Enfermaría, ás 17:00 horas, os asistentes poderán obter información sobre o Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españoles (SICUE), os convenios bilaterais dos que forma parte a USC, e o Programa Erasmus + Prácticas, cuxa finalidade consiste en contribuír a que o alumnado se adapte ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria e mellore a súa comprensión do contorno económico e social do país no que se atopa. O xoves 16, celebrarase a derradeira das sesións na Facultade de Formación do Profesorado.

 

As charlas sobre mobilidade a cargo da ORE comezaron este xoves nas Facultades de Veterinaria e Ciencias. 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.