Skip to main content

O Instituto Federal de Educaçao, Ciència e Tecnología de Goiás explora novas ligazóns académicas e de I+D co Campus Terra

El Instituto Federal de Educaçao, Ciència e Tecnología de Goiás explora nuevos vínculos académicos y de I+D con el Campus Terra
El Instituto Federal de Educaçao, Ciència e Tecnología de Goiás explora nuevos vínculos académicos y de I+D con el Campus Terra
Unha delegación académica do Instituto Federal de Educaçao, Ciencia e Tecnologia do Goiás (Brasil) vén de completar unha visita á Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, ao...
Lugo

Unha delegación académica do Instituto Federal de Educaçao, Ciencia e Tecnologia do Goiás (Brasil) vén de completar unha visita á Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, ao abeiro do convenio que mantén a USC con este centro brasileiro para a formación de doutores en Educación.

 

A comitiva brasileira, encabezada polo vicerreitor de Investigación e Posgrao do Instituto Federal de Goiás, Ruberley Rodrigues de Souza,  aproveitou a súa estadía en Lugo para visitar algúns centros do Campus Terra da USC, onde tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man a súa oferta de estudos e servizos.

 

Acompañados do decano da Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, Francisco Rodríguez Lestegás, os representantes do Instituto Federal do Goiás visitaron a Vicerreitoría de Coordinación do campus lugués, onde mantiveron un encontro co vicerreitor Javier Bueno.

 

De seguido, a delegación académica brasileira trasladouse á Escola Politécnica Superior, onde mantivo reunións de traballo para explorar novas posibilidades de intercambio de docentes e estudantes de grao e posgrao, así como outras liñas de colaboración no eido da formación e tamén da investigación.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.