Skip to main content

A spin off do Campus Terra 3edata, entre as 17 firmas incluídas na fase de aceleración do programa de alto rendemento Viagalicia

La spin off del Campus Terra 3edata, entre las 17 firmas incluidas en la fase de aceleración del programa de alto rendimiento Viagalicia
La spin off del Campus Terra 3edata, entre las 17 firmas incluidas en la fase de aceleración del programa de alto rendimiento Viagalicia
A spin off do Campus Terra 3edata figura entre as empresas innovadores seleccionados para entrar na fase de aceleración da cuarta edición do programa de alto rendemento empresarial Viagalicia, unha...
Lugo

A spin off do Campus Terra 3edata figura entre as empresas innovadores seleccionados para entrar na fase de aceleración da cuarta edición do programa de alto rendemento empresarial Viagalicia, unha iniciativa promovida polo Consorcio Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia para favorecer e acelerar proxectos innovadores e invertibles, aos que se acompaña na súa validación, posta en marcha, financiamento e maduración.

 

Viagalicia, que xa se ten convertido nun espazo de referencia do emprendemento na comunidade Galega, constitúe un verdadeiro programa de alto rendemento orientado a impulsar novos proxectos empresariais. Trátase de feito dun programa estruturado en 18 meses de duración que mestura, baixo a supervisión dun equipo de expertos, unha serie de elementos: formación, titoría, mentoring, espazo de traballo en co-working e posibilidades de financiamento, a través dos que se pretende poder validar e arrancar o proxecto en cuestión.

 

As vantaxes ás que poden acceder as propostas seleccionadas para a última fase, o proceso de aceleración de Viagalicia non son poucas. Daquela, os proxectos empresariais poden beneficiarse dun ano de emprazamento gratuíto nas instalacións do vigués Porto de Moelle, ademais doutras vías de finaciamento público e a fondo perdido, ademais de posibilidades de acceso a créditos participativos por un importe global de ata 100.000 euros.

 

A empresa e3data, fundada por María Cilleiro, Marco Rubinos e Boris Hinojo, é unha spin off da USC nada no Campus Terra que centra a súa oferta de servizos na prestación de solucións de enxeñaría a partir da análise e estudo de datos tanto en superficies vexetais como de auga.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.