Skip to main content

'Ciencia para xoves investigadores' achega 450 estudantes de secundaria de doce centros lugueses á Facultade de Ciencias

'Ciencia para jóvenes investigadores' acerca 450 estudiantes de secundaria de doce centros lugueses a la Facultad de Ciencias
'Ciencia para jóvenes investigadores' acerca 450 estudiantes de secundaria de doce centros lugueses a la Facultad de Ciencias
A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC botará a andar este xoves 12 de xaneiro unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de novas vocacións...
Lugo

A Facultade de Ciencias do Campus Terra da USC botará a andar este xoves 12 de xaneiro unha nova edición do ciclo ‘Ciencia para xoves investigadores’, un programa de estímulo de novas vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal do centro universitario lugués, a través do que uns 450 estudantes de ensino secundario procedentes de 12 centros educativos da provincia de Lugo coñecerán a oferta formativa da Facultade de Ciencias e poderán desenvolver sesións prácticas nos laboratorios do centro universitario lugués.

 

O programa de visitas de escolares deseñado ao abeiro do ciclo 'Ciencias para xoves investigadores' desenvolverase de xeito continuado do 12 ao 25 de xaneiro, en quenda de mañá, de 10.00 a 13.30 horas. A elevada demanda de centros educativos en participar neste programa de estímulo de vocacións científicas, no que por vez primeira participan estudantes procedentes de centros educativos de fóra da capital luguesa, propiciou que a Facultade de Ciencias abrira unha nova quenda de visitas de escolares do 22 ao 25 de maio.

 

Máis información no Xornal da USC 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.