Skip to main content

O Campus Terra celebra obradoiros e sesións divulgativas co gallo do Día Internacional da Impresión 3D na Escola Politécnica

El Campus Terra celebra talleres y sesiones divulgativas con motivo del Día Internacional de la Impresión 3D en la Escola Politécnica
El Campus Terra celebra talleres y sesiones divulgativas con motivo del Día Internacional de la Impresión 3D en la Escola Politécnica
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrou este xoves diversos obradoiros prácticos e sesións divulgativas co gallo do Día Internacional da Impresión 3D. O programa de actos...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC celebrou este xoves diversos obradoiros prácticos e sesións divulgativas co gallo do Día Internacional da Impresión 3D. O programa de actos deseñado polo 3DPrinting Day,  promovido polo equipo de dirección da EPS e o programa A Ponte do campus de Lugo, contou coa participación dos profesores Rosana Guerra Pestonit, Patricia Tato Sánchez del Valle, Miguel Ángel González García e os tamén docentes e investigadores Mariluz Gil Docampo e Juan Ortiz Sanz, do grupo USCAN 3D da USC.

 

O obxectivo destas actividades, nas que participaron numerosos estudantes e docentes, e ás que tamén se sumou o reitor da USC, Juan Viaño, así como os vicerreitores Javier Bueno e Andrés Barreiro, é o de achegar a todo o mundo a tecnoloxía da impresión en 3D, ademais de dar a coñecer as súas múltiples aplicacións e utilidades a toda a poboación interesada, tal e como indicaron os promotores do 3DPrinting Day.

 

As persoas que se acheguen ata a Escola Politécnica Superior para participar no programa de actos organizado co gallo do 3DPrinting Day tiveron a ocasión de ver en directo como traballan as impresoras 3D, ademais de recibir ampla información respecto das aplicacións prácticas da impresión 3D para a docencia e a investigación, así como para o desenvolvemento da actividade profesional de todas as titulacións que oferta USC nos centros no seu Campus Terra.

 

A quenda de relatorios previsto no marco desta xornada comezou  cunha intervención de Rosana Guerra, que fixo unha introdución á realidade da impresión en tres dimensións. De seguido, Eva Valle, da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo, guiou unha sesión baixo o título ‘Qué é un FAB-LAB?’. O modelado 3D centrou a temática das charlas guiadas polo profesor da USC e director do proxecto D3Mobile, Juan Ortiz.

 

De xeito parello á celebración das sesión divulgativas, o escenario no que se desenvolveron as actividades organizadas polo 3DPrinting Day, acubillaron tamén dous obradoiros. O primeiro dos talleres programados baixo o título ‘Unha ferramenta de control: Introdución práctica a Arduino’, estivo guiado polo profesor Miguel Ángel González García.  Xa en quenda de tarde, os profesores Francisco Javier López González, Rosana Guerra Pestonit e Juan Ortiz Sanz conduciron outro obradoiro de modelado e impresión 3D.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.