Skip to main content

A parentalidade positiva centra no Campus Terra unha xornada aberta a familias e técnicos profesionais

La parientalidad positiva centra en el Campus Terra una jornada abierta a familias y técnicos profesionales
La parientalidad positiva centra en el Campus Terra una jornada abierta a familias y técnicos profesionales
A parentalidade positiva como ferramenta para deixar o mellor legado para os fillos e fillas centra este martes 29 unha xornada formativa e de divulgación que se desenvolverá, a partir das 16.30...
Lugo

A parentalidade positiva como ferramenta para deixar o mellor legado para os fillos e fillas centra este martes 29 unha xornada formativa e de divulgación que se desenvolverá, a partir das 16.30 horas, no salón de actos da Facultade de Humanidades do Campus Terra da USC.

 

Esta sesión de traballo, promovida por grupos de investigación da USC e da Uvigo en colaboración coa Xunta de Galicia, está aberta á participación de familias e tamén de técnicos profesionais que desenvolven o seu cometido coa poboación infantil, adolescentes e tamén cos seus respectivos proxenitores.

 

Esta iniciativa sobre parentalidade positiva, cuxa organización parte dunha recomendación do Consello de Europa e que, ata o 15 de decembro, contempla a celebración de xornadas semellantes á de Lugo en Pontevedra, Vigo, A Coruña, Ferrol, Santiago e Ourense, pretende afondar na mellora da educación e da felicidade dos máis novos e das súas familias a través de tres piares, como o son a satisfacción das necesidades dos nenos, nenas e adolescentes; o respecto dos seus dereitos, e a responsabilidade dos proxenitores.

 

Máis información no Xornal da USC 

The contents of this page were updated on 02.25.2022.