Skip to main content

Xornada de difusión da cultura emprendedora na Facultade de Administración e Dirección de Empresas

Jornada de difusión de la cultura emprendedora en la Facultad de Administración y Dirección de Empresas
Jornada de difusión de la cultura emprendedora en la Facultad de Administración y Dirección de Empresas
Estudantes da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo participaron este xoves nunha xornada de difusión da cultura emprendedora no eido universitario. A decana da...
Lugo

Estudantes da Facultade de Administración e Dirección de Empresas do campus de Lugo participaron este xoves nunha xornada de difusión da cultura emprendedora no eido universitario. A decana da facultade, Begoña Barreiro, foi a encargarda de abrir esta sesión formativa e de divulgación orientada a fomentar o emprendemento entre os universitarios.

 

A realidade dos emprendedores na institución académica compostelá centrou precisamente a temática dos primeiros relatorios, nos que interviñeron os técnicos de Área de Valorización Transferencia e Emprendemento da USC, José Manuel Rebolo e Patricia González.

 

O co fundador e responsable da área de proxectos  da Spin-off 3eData Ingeniería Ambiental S.L., Marco Antonio Rubinos Román, realizou unha presentación da súa empresa no marco desta xornada, na que o coordinador da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, Rodolfo Ojea, deu a coñecer algunhas das iniciativas e liñas de apoio ao emprendemento que presta esta organización empresarial. O programa da xornada rematou cunha sesión de presentación da empresa Peryco SL, a cargo do seu CEO, Manuel Soto Agruñá.

The contents of this page were updated on 02.25.2022.